Dacordo coa redacción do artigo 58 dos Estatutos da SCD Atlántida de Matamá, aprobados en Asemblea Xeral de socios do día 2 de marzo de 2002. Comunícase á masa social, que a partir do día 31 de agosto ábrese a segunda convocatoria de concurso para a adxudicación do contrato de explotación do servizo da cantina do campo de fútbol Penedo dá Moo por quedar a primeira deserta. Os interesados poderán recoller o novo prego de condicións nas oficinas ou cafetería do Local Social, ou ben solicitalo por mail á dirección culturalmatama@gmail.com

O prazo de entrega de documentación rematará o 7 de setembro.

Categorías: Sin categoría

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *