CONVOCATORIA DE CONCURSO PARA A ADXUDICACIÓN DO CONTRATO DE EXPLOTACIÓN DO SERVIZO DA CAFETERÍA DO LOCAL SOCIAL DA S. C.D ATLÁNTIDA DE MATAMÁ.

I.         Lugar, prazo e forma de presentación.

A documentación solicitada neste prego de condicións, será achegada polo concursante nas oficinas da Sede da S. C.D Atlántida de Matamá, sita en Rúa dúas Canteiros nº 53 – Matamá, municipio de Vigo, ata as 22:00 horas do día 22 de febreiro de 2019, en sobre pechado, coas garantías de privacidade e cumprida identificación do concursante. Tamén poderá ser enviada por correo electrónico á dirección culturalmatama@gmail.com

II.        Órgano resolutivo do concurso.

A Xunta Directiva (en diante a XD)

III.      Requisitos dos concursantes.

•          Persoa física ou xurídica

•          Plena capacidade de obrar

•          Estar dado de alta ou no momento da adxudicación darse de alta como autónomo no epígrafe de hostalería.

•          Carné en vigor de Manipulador de Alimentos

•          Darse de alta no Rexistro Sanitario Galego.

•          Obrigatoriedade de ter en vigor un Seguro de Responsabilidade Civil que cubra os posibles danos que o adxudicatario físico ou xurídico puidese producir, tanto ás instalacións ou bens da sociedade, como ás pertencentes ou alleas a ela que resultasen afectadas durante o correcto desenvolvemento da súa actividade.

•          No caso de ter empregados por conta allea, ter o plan de Prevención de Riscos Laborais.

IV.      Clausulas e condicións da adxudicación

1.         A  SCD  Atlántida de  Matamá, cederá mediante un contrato ao adxudicatario , polo prazo de dous anos, prorrogables previo acordo entre as partes segundo o  art.58 dos Estatutos da Sociedade, aprobados en Asemblea Xeral de Socios o día Dous de Marzo de 2002, por un período máximo de cinco anos, o uso e explotación comercial das súas actuais instalacións da cafetería do local social, así como os bens mobles e aveños, fóra dos detallados máis adiante que deberán ser achegados polo adxudicatario.

O comezo do contrato empezará a contar dende os dous días seguintes á comunicación da adxudicación, ou cando se acorde co adxudicatario.

O acordo deberá estar asinado por ambas partes, antes do inicio da actividade de explotación da cafetería obxecto deste contrato.

2.         O adxudicatario comprométese:

•          A limpeza diaria da planta baixa, así como as escaleiras de entrada ao  Local Social, o mobiliario e as instalacións do Local asignado, así como todos os  WC do edificio.

O local da cafetería, equipos e instalacións deberán ter en todo momento un bo  aspecto no que respecta a limpeza e lavado, pintura, así como atoparse ao corrente de calquera revisión ou inspección regulamentaria.

•          O mantemento ordinario de instalacións, aveños e aparellos, así como a compra de elementos necesarios que se precisen para a explotación e prestación de servizos complementarios.

•          Dotar do persoal necesario para prestar o servizo, e incrementalo, cando se prevexa unha maior asistencia de público en función da actividade ou evento que se realice.

Asumirá a contratación e responsabilidade do persoal, e sempre de modo excepcional, a  XD resérvase o dereito para intervir, vetar ou cesar dita contratación.

•          Reparar ou repoñer, no seu caso, todo aquilo que sexa obxecto de deterioro  como consecuencia do uso e cuxa antiguedade sexa inferior a dez anos, así como informar  á  XD de calquera anomalía relacionada coa explotación da cafetería.

Ao finalizar o contrato levantárase  unha acta  do estado en que se atopan os elementos das instalacións, sendo responsable de calquera falta ou dano ocasionado, debendo efectuar ao seu cargo as reparacións necesarias, así como as reposicións  destes  polo deterioro derivado do mesmo ou por extravío, sendo de similar calidade  ó que figura no inventario.

•          Desenvolver exclusivamente as actividades propias da cafetería, quedando expresamente prohibido o exercicio de comercio ou industria diferente ao expresado, o cal inclúe a prohibición da venda de calquera tipo de obxectos.

•          Horario:

A cafetería deberá abrir ao público ás 11:00 horas  e pechar ás 23:00 horas.

•          Deberá aterse á lista de prezos fixada pola  XD con arranxo  aos que rexen en establecementos de análoga categoría.

•          Deberá atoparse ao corrente do pago ante tódalas administración, e entregar regularmente o xustificante tanto de estalo ante a Seguridade Social como da AEAT.

V.        Canon da concesión

O adxudicatario  terá que colaborar no pago do subministro tanto de auga como de electricidade, pagando para  mensualmente e dentro dos cinco primeiros días de cada mes a cantidade de 300€ máis IVE, sendo  éste o importe mínimo que deberá ofertar o interesado para facerse coa concesión.

O canon será obxecto de revisión automática cada ano, sen necesidade  da previa notificación por parte da  XD, elevándose ou reducíndose, conforme o incremento ou diminución que sufrise o Índice de Prezos ao Consumo, que fixe o Instituto Nacional de Estatística ou índice que o futuro lle substitúa, tomando como base a actualizar en cada caso o canon vixente no momento da actualización.

Considerarase como data de referencia para realizar a primeira e sucesivas actualizacións do canon previstas no parágrafo anterior, o día da firma do contrato.

VI.      Obras.

A parte encargada da explotación da cafetería non poderá realizar obras de ningunha clase no local de negocio obxecto deste concurso, sen previo permiso da XD. En todo caso, as obras así autorizadas, quedarán en beneficio do inmoble ao finalizar a explotación da cafetería e sen dereito a valoración ou reclamación algunha.

VII.     Méritos.

Poderá presentar oferta calquera persoa ou entidade, tendo preferencia na súa adxudicación, en caso de igualdade de ofertas (valoradas no seu conxunto) os socios ou beneficiarios ou entidades cunha vinculación moi directa con eles. En caso de empate, decidirá a maior antigüidade como socio.  Ademáis considerarase mérito preferente ter experiencia en hostalería.

A XD poderá considerar outros méritos.

VIII.   Resolución deste contrato.

En xeral:

Calquera infracción do establecido neste convenio ou dos estatutos que regulan esta Sociedade dará lugar á súa rescisión.

En particular:

1)         Falecemento do arrendatario.

2)         Falta de pagamento de dúas mensualidades consecutivas ou alternas

No caso de que o adxudicatario desexe finalizar o contrato antes dos dous primeiros anos de concesión, deberá avisar á XD cun prazo mínimo de dous meses de antelación.

Chegado o prazo de vencimiento dos dous anos iniciais ou calquera das súas prórrogas, ambas as partes, se non desexa a renovación preavisará á outra cun prazo mínimo de dous meses de antelación.

IX.      Queda totalmente prohibido a subrogación ou cesión do local a terceiras persoas.

                                                                        Fdo. César Casás González

                                                           Presidente da SCD Atlántida de Matamá